¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Setím

Setím
26/01/2022 0 comentarios

Setím é unha fermosa peza de aparente fraxilidade e delicadeza, pero que sorprende pola súa resistencia e versatilidade.O seu nome provén do hebreo, pobo que usabe esta palabra para denominar a madeira de acacía, planta vigorosa, de aroma reconfortante e de grande beleza que servíu de inspiración para a creación desta xoía e que foi moi venerada na antigüidade polos seus múltiples e variados usos, chegando a ser considerada sagrada.


A súa floración inunda  a paisaxe dunha cor alegre e dun doce e marabilloso recendo que anuncia a proximidade da primavera. No noso contorno está totalmente integrada e aínda que chegou no século XIX para uso ornamental, a súa capacidade de adaptación e as características da súa madeira fixeron que o seu emprego se estendese rápidamente a agricultura. Noutros países, régalase o Día Internacional da Muller para lembrar a todas aquelas que loitaron pola igualdade e os dereitos das mesmas.

Setim desexa recoller esa metáfora en honra á muller representada na flor de acacia e explicitada na súa capacidade para prosperar con firmeza e contenacidade nas condicións maís  complexas e adversas.


Para a súa elaboración elixuise cristal checo, material resistente que pola súa forma, polo seu tamaño e polas súas cores permite darlle a xoía o espesor necesario para representar a frondosidade característica da acacía. Ademáis,a diferente intensidade de brillo das contas permite resaltar uns elementos sobre outros. Neste colar o brillo máis intenso concéntrase na cor amarela das flores que reflicten a vitalidade, a alegría, o optimismo e a enerxía  que contaxian coa súa chegada. Para equilibrar a peza e darlle pinceladas de calma e de serenidade, creáronse en gris as ramas da flor e en cor verde clara trinta follas que a dotan de máis naturalidades. Todo o conxunto, elaborado mediante a técnica de enfilado simple e usado nalgunhas partes puntada de ladrillo e contas de retención, armouse sobre unha base de rombos en rede de cristais marrons que recrean o ton da terra, conseguindo así unha peza unida e consistente que destaca, ao igual que as fontes que o inspiraron, polo seu carácter versatil e resistente.

Por iso Setim quere ser unha homenaxe á muller, que ao igual que a flor de acacia, florece nos terreos máis complicados demostrando sempre a súa capacidade de adaptación, tenacidade e fortaleza.

M.I. Cebreiros

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario


Entérate de todas nuestras ofertas y promociones.